domingo, 26 de marzo de 2017

Paxareando por Coruña (4)

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3VEgydFgwWkhOTUk

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3dk9TTEY5bDZKajA

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3cmhHdno0V1R1SjA

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3QmtUNXg2UFZlVTg

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3RlRmNktQRVBYeUE
Nova entrega, e van catro, dos paxaros habituais nos parques e bosques da nosa bisbarra. Rodrigo López Pérez, alumno de 2º Bacharelato, é o condutor desta guía. Fai clic nas láminas para ampliar a información.

lunes, 13 de marzo de 2017

Paxareando por Coruña (3)

Esta é a terceira entrega do traballo realizado polo alumno de 2º C Bacharelato Nocturno, Rodrigo López Pérez e segue á presentada o pasado 18 de febreiro. Todas as aves que nos presenta, foron avistadas por el, na nosa cidade ou nos seus arredores; tamén os textos que as describen son da súa autoría. Facendo clic sobre cada lámina a poderás ver ampliada. 

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3ZlR4MVJWeUN6Vjg

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3R2F3NmdxRTdBUnM/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3Vy1oWlJJNDJNb2M/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3RnBnRlJpTGRkVEE/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3RnBnRlJpTGRkVEE/view?usp=sharing

miércoles, 1 de marzo de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Gatos moi distinguidos" de Doris Lessing




  Neste libriño, conxunto de vivencias protagonizadas  pola autora e os gatos que a acompañaron ao longo da súa vida, Lessing convírtese en personaxe secundaria, por momentos en mera testemuña, relatora das andanzas dos felinos, cunha mestura de humor, ás veces cruel, observación psicolóxica (cada gato ten o seu carácter!) e reflexión sobre o comportamento duns seres que, de non sabermos que son gatos, poderiamos pensar que son humanos, coas súas miserias e as súas grandezas...especialmente a gata negra e a gata gris, rivais durante case todo o libro, competidoras polos favores da autora, ás que só lles faltaría poñerse de pé e falar para definilas como unhas verdadeiras damas.... 
Susana Piensos.

viernes, 24 de febrero de 2017

Un filme cada semana...ou cada mes..."La habitación de Fermat"




 
 
   A película trata dun conxunto de matemáticos que son citados para unha reunión secreta , á beira dun río. Cando se citan todos no lugar, na outra beira do río un coche indícalles co GPS, até que chegan a unha  fábrica abandonada. Ao entrar, descobren que todo era unha trampa: cando lles soaba o móbil tiñan un minuto para resolver as adiviñas matemáticas antes de ser esmagados...
   Pareceume unha película .bastante interesante, moi entretida e moi intrigante. Ademais de ser unha boa película, facía pensar, as adiviñas eran bastante curiosas..Recomendo que a vexades, non só pola intriga, con escenas moi interesantes, senón polas interpretacións; canto ás adiviñas, tentar resolvelas foi o que menos me gustou, xa que eran bastante  "liosas".
 
                                                                                    Pablo Flórez Vilela.3º ESO.  
 
   

sábado, 18 de febrero de 2017

Paxareando por Coruña (2)

Esta é a segunda entrega do traballo realizado polo alumno de 2º C Bacharelato Nocturno, Rodrigo López Pérez. Lembremos que todas as aves que nos presenta, foron avistadas por el, na nosa cidade ou nos seus arredores; tamén os textos que as describen son da súa autoría. Facendo clic sobre cada lámina a poderás ver ampliada, e se queres repasar a primeira entrega, fai clic aquí.

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3ZGJ2MVJ6S1FYTVk

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3b3J3MDBxVFhKRFUhttps://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3dTBVdngtLXRuN2c
https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3WmY5MmFJc0t5d2s

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3cEUxV3o0M3IteDQ

lunes, 13 de febrero de 2017

Un filme cada semana...ou cada mes...."Silencio"


    
   Situados no século XVII, dous xesuítas, chamados Sebastiao Rodrigues e Francisco Garpe, entéiranse dos rumores de que o seu mentor renunciou á súa fe en Xapón tras ser perseguido e torturado. Os dous xesuítas emprenden unha intrépida viaxe ao antigo Xapón, país no que o cristianismo está penado coa morte. Nesta viaxe, os misioneiros vivirán as penurias de ser perseguidos polo réxime nipón, que busca eliminar todo contacto co occidental.
   Desde o meu punto de vista é unha película para ver con calma  e disfrutar das imaxes e, como o propio nome indica, do silencio...chégase a vivir a angustia dos personaxes e apréndese sobre unha cultura xa case esquecida.
                                                           Daniel Corral López, 2º Bacharelato C Nocturno.
                                                                            

miércoles, 8 de febrero de 2017

Visitamos...A Casa Museo Picasso

 
 
 
   Recentemente visitamos a Casa Museo Picasso, moi próxima ao instituto. Aínda que a algún de nós, inicialmente, ao entrar nun portal tan vello, de escaleiras tan inclinadas,  nos pareceu que a visita ía ser un "muermo", rapidamente nos interesamos polo que a guía, que sabía moito sobre Picasso, nos ía contando.  
  Empezando pola casa, a todos nos impresionou o seu tamaño, o confort co que se vivía, tendo en conta que falamos de hai máis dun século (baño con cisterna, por exemplo, moi infrecuente daquela); chamounos a atención tamén a altura dos teitos, a pequenez das camas (que se nos explicou que se debía, posiblemente, á menor estatura da xente naqueles anos). Aínda que case todos os obxectos son réplicas de anticuario, e os cadros son reproducións, hai algunha peza orixinal  e está todo moi coidado e ben conservado.
   Con relación ao pintor, explicóusenos como chegou  á nosa cidade de neno, case adolescente,  cos seus pais e as dúas irmás, Conchita e Lola; a todos nos impresionou a triste morte, por difteria, de Conchita, que deixou ao pequeno Pablo, quen non entendeu a morte e até se enfadou con ela por abandonalo, tan triste, que as súas pinturas deses tempos se tinxiron de negrura...Puidemos aprender do talento natural de Picasso, que provocaba mesmo celos no seu pai: o neno Pablo, aínda que rebelde e mal estudante,  pintaba xa moi ben, e, ademais dos retratos de mendigos, pombas, torre de caramelo (como chamaba á Torre de Hércules, que lle encantaba),  retratos de familia (co retrato do pai con cara de poucos amigos, por certo) o cadro máis impresionante para nós é o da nena cos pés descalzos, o seu primeiro amor, non correspondido; dese cadro non se separou nunca, acompañouno até a súa morte...
 Ao final da visita, a guía  comentounos  que, xa de adulto, Picasso foi un home difícil, arrogante, mal marido, pai de varios fillos de mulleres diferentes...todo o que  queiran  dicir, pero foi un dos pintores máis importantes do mundo.
                                                                                              3º ESO V.

  
/*Añadimos esta línea para intentar que funcione Pinterest */