luns, 28 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO CADA SEMANA (SEMANA DO 28 DE SANTIAGO AO 1 DE AGOSTO).

Comprei no rastro de Madrid por tres euros un libro de John Steimbeck, The wayward bus (O autobús extraviado ou perdido), novela que o autor californiano compuxo en 1947, e que eu agora, tras lelo dun tirón, vos recomendo.


John Steinbeck foi Premio Nobel de literatura no 62. Hai películas maxistrais sobre obras súas maxistrais, Ao leste do edén, As uvas da ira, por poñervos un par de exemplos. Retomando as palabras da lapela da edición comprada no rastro, este autor trata  “problemas universais con personaxes do rural californiano e con linguaxe sinxela”. Un clásico.

Un dos problemas universais digamos que é o das relacións humanas, así en xeral, e entre home e muller en particular: Xoán preguntouse por que seguía con ela  (…). Xoán tivo que rir. “Porque saber facer fríxoles  -“fríxoles”, como dicía a miña avoa valdeorresa, quen estivo anos largos en Cuba-, díxose a si mesmo”.

A Steinbeck non lle falta o humor por veces ben amargo, case sempre certeiro:
“Homes non hai moitos en ninguna parte do mundo, como comproba todo o mundo máis tarde ou máis cedo”.
“Eses xoves víanse chamados constantemente pola busca de oportunidades, que os atraía sempre cara ao sur, a Los Ángeles e, como non, a Hollywood, onde andando o tempo acabarán por congregarse todos os adolescentes do planeta”
“Alice poñía en marcha a cafeteira (unha gran efixie prateada, como unha especie de divindade, que nalgún futuro período arqueolóxico podería acabar exposta como obxecto de culto da raza dos barrófilos, que precederon aos atomitas, os  cales, por algunha razón descoñecida, desapareceron da face da Terra)”.

Pero claro que no fondo, Xoán Chicoy –o personaxe principal, un tipo literario de primeira, outro bo froito da mestizaxe, nai irlandesa e pai mexicano-, tiña outra razón para amala, a Alice:
                                   “Ela amábao. Amábao de verdade. El sabíao e iso non se pode deixar de lado así como así. É algo que ten a súa estrutura, a súa arquitectura propia e non se pode abandonar sen ver arrincado un anaco do propio ser. Polo tanto, se queres seguir enteiro, quedas, sen que importe moito que che desguste quedar. Xoán non era home de enganarse moito a si mesmo” [a tradución ao galego é sempre nosa]
                                  
Podedes apreciar comigo que interesante uso do concepto estrutura. E apreciaredes tamén como na dialéctica amar/ser amado, sae vencedor o segundo. A forma activa do verbo amar pode suscitar dúbidas, a chamada pasiva pode sentirse e verse clara coma a auga.

En calquera caso, hai outros subtemas tanto ou máis fascinantes neste libro pouco coñecido pero aconsellable. Malia aprisionar en ocasións nos seus demoledores xuízos aos personaxes, é brillante en xeral na análise da psicoloxía dos mesmos.  E a época queda ben retratada. Pouco máis podemos pedirlle a un libro. Do dominio da técnica narrativa non hai queixa ningunha.
 (Mª Rosario Soto, membro do equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda')

luns, 21 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA (21-25 DE SANTIAGO)




“Antes dije que el dolor es una estación de paso. Ahora creo que puede ser también un punto de partida”.





   A novela que vos quero recomendar titúlase En tiempos de prodigios e foi publicada no ano 2006 por Marta Rivera de la Cruz, unha escritora galega (Lugo, 1970) cunha traxectoria moi interesante.

     A obra cóntanos dúas historias: por un lado temos a Cecilia, unha moza que perdeu recentemente á súa nai,  rompeu coa súa parella e se encontra nun momento persoal difícil e complicado. E, por outro lado, temos  a Silvio, un ancián, avó da mellor amiga de Cecilia, que queda só durante un verán e ao que Cecilia ten que visitar semanalmente para comprobar que se encontra ben atendido. Nesas visitas que a protagonista realiza ao ancián irá descubrindo unha vida e unha historia extraordinaria que percorre España e Europa durante unha etapa tan tráxica como é o nazismo, a Guerra Civil, etc.

     A historia de Cecilia é a máis conmovedora do libro: a perda da súa nai contada desde o inicio da enfermidade e como pouco a pouco toda a familia ten que aceptar a súa desaparición convértese, ao final del libro, nunha  marabillosa homenaxe á nai. Non é un libro que busque emocionarnos  porque si, é un libro que nos emociona porque transmite sentimentos reais, e, aínda que se ten escrito moito sobre a relación nai-filla, poucas veces me teño encontrado cun relato tan fermoso sobre este feito.

     A historia do ancián Silvio, que vai debullando os recordos aproveitando unha vella caixa de fotografías que lle vai ensinando á rapaza que o visita, é fermosa e interesante ao mesmo tempo. Está chea de personaxes curiosos, de humor, de tristeza, de historia e, en definitiva, de vida.

     Cando a novela vai avanzando, vemos que Cecilia  e Silvio se axudan mutuamente a curar as súas feridas: ela aprende a aceptar as súas derrotas e o ancián encontra a  oínte que necesitaba para descargar a súa conciencia.

      Como ocorre en moitas novelas de Marta Rivera de la Cruz, parte da historia transcurre en Ribanova que é o nome que recibe a recreación de Lugo nas novelas  desta autora. E este espazo ten sempre un toque máxico e misterioso que, neste caso, se complementa cuns personaxes peculiares que chegan ao lugar e que nos van ofrecer unhas historias estupendas.

         Non é un libro triste, é unha novela que, partindo da perda da nai, se converte nun canto á figura materna,  a unha vida intensa e dedicada aos demais, é unha mostra de recoñecemento á súa nai e unha superación da súa perda. Cando encontras un libro que te fai chorar, rir e desexar que a obra nos termine, daquela deches cunha marabillosa lectura e iso é o que eu vos recomendo con esta novela.

                                (María Luisa Varela Barroso, catedrática de Lengua Castellana y Literatura no IES 'Eusebio da Guarda' da Coruña).

luns, 14 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA (14-18 DE XULLO)

UN LIBRO CADA SEMANA



Ola, son Susana Piensos e voume referir brevemente a un dos meus libros favoritos. É "Crónicas marcianas", de Ray Bradbury. Publicado en 1950, narra a colonización de Marte, por parte dos terrícolas, entre 1999 e 2026. Trátase dunha obra de ciencia ficción que, lida hoxe,  época en que se desenvolvería a  súa acción, resulta encantadora pola inocencia coa que pinta as viaxes interplanetarias e a vida en Marte. A obra está moi ben escrita , alternado capítulos de fermoso lirismo con outros de áxil estilo narrativo, moi cinematográficos. Pódese desfrutar como  obra de puro divertimento pero tamén como crítica da  soberbia do ser  humano, que tenta de impor a súa "civilización" mesmo alí onde xa existe outra. Non podo dicir o que non me gusta porque me gusta todo; é un clásico da narrativa do século  XX  .   
Susana Piensos, prof. de lingua e literatura.

luns, 7 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA (7-11 DE SANTIAGO)



Dime quién soy, Julia Navarro



            En el año 2014 la escritora Julia Navarro publicó su tercera novela, “Dime quién soy”. Una obra que cuenta la historia del mundo desde la caída de la Segunda República española hasta la desaparición del Muro de Berlín y, a su vez, cuenta la historia de Amalia Garayoa, la protagonista indiscutible de la novela.


            La trama comienza cuando una tía de Guillermo Albi le ofrece un trabajo de periodista haciendo una biografía sobre una anciana. Éste acepta recorriendo un sinfín de lugares: Madrid, Barcelona, Buenos Aires, Londres, París, Moscú, Portugal y Berlín. En esos países se encontrará con diferentes personajes que le contarán sus conocimientos sobre la vida de esa mujer, una vida muy intensa y bastante entretenida que no tiene nada que envidiar por los muchos sufrimientos que tuvo que pasar. En algunas ocasiones hasta sentiremos pena por ella y sufriremos lo mismo que ella.

            Los personajes están bien tratados, la trama cuidada, hay muchos diálogos. En mi opinión la única crítica negativa que  se le podría hacer es que muchos personajes que cuentan la historia en primera persona como testigos relatan hechos que es imposible que ellos conozcan con tanta exactitud porque no habían estado presentes, a pesar de esto es una historia que emocionará a más de uno y el lector que decida leerlo no querrá separarse del libro hasta que haya terminado la última página.

            Aunque sea un libro con una densidad considerable, 1097 páginas, se lee muy rápido gracias a la técnica que Julia Navarro utiliza en cada novela que escribe.

            Actualmente ha publicado la novela “Dispara yo ya estoy muerto” que se podría decir que es todavía mejor pero para comenzar a conocer a esta autora y periodista política es mejor empezar con “Dime quién soy”.





             Pablo Enero, 2º C Nocturno