luns, 26 de maio de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA (II)

Un libro cada semana (II)


Ola, son Samantha Freire Belgrave e vou falarvos brevemente do libro que estou lendo. Leal, de Verónica Roth. Gústame bastante, transcorre nunha versión distópica da cidade de Chicago (tras unha guerra quedou destruída e houbo que recomenzar…). A protagonista, Beatriz Prior, rapaza de 16 anos, é diverxente: ten máis aptitudes cá maioría das persoas, por exemplo, é moi valerosa, moi intelixente… Loita por destruír a sociedade de faccións que domina na cidade. Eu diría que o tema principal do libro é que futuro nos espera, aos seres humanos. Pero a triloxía (esta é a terceira entrega) ten subtemas, como o amor, a amizade, a dor que causa a morte, o pasado que non volve, e a familia. Recomendo a súa lectura, sobre todo aos mozos entre 16 e 20 anos.
                                                               (Samantha Freire Belgrave, 2º bacharelato)

xoves, 22 de maio de 2014

Un libro cada semana (I)

Un libro cada semana

Ola. Son Xosé Santos e vou preguntarlle á miña profesora de galego do ano pasado, e tamén  dos cazatesouros deste ano, Charo Soto, que está lendo agora.
-Agora mesmo? Estou lendo Leonel, de Antón Cortizas.
-E gústache?
-É un libro para rapaces, para adolescentes. Gústame si, igual o ano que vén traballámolo no Club de Lectura.
-Que é o que máis che gusta do libro?
-Moitas pequenas cousas. As palabras, hai moitas que non coñecía, é bonito aprender novas voces. Por exemplo: apichalrado, zarrapechada, cícaras… Incluso o cimbro, nunca o oíra… E logo está o contido etnográfico que se  chama, tamén me inspira. Sempre (ficou atrasado, coma quen leva a aña). Pero non é só iso o que temos que valorar no libro. Están as ideas que fan pensar, os froitos amargos da emigración, as reflexións que nacen da alma sensible dun adolescente. Cando se cumpren moitos anos, case se esquece o significado desa etapa da vida. En fin, a ver se falo moito…
-Entón, recoméndasnos que o leamos?
-Por supostísimo. Vale. Grazas por todo, Xosé.
-Igual digo.

mércores, 21 de maio de 2014

CRÓNICAS VIAXEIRAS 1

CRÓNICAS VIAXEIRAS (I)

28 de Abril de 2014 (1º e 2º ESO)
Castro de Viladonga. Mosteiro de santa María de Meira. Pedregal de Irimia e Mosteiro do Salvador de Lourenzá

        Como si se tratara dunha viaxe no tempo, un libro a ler cos pés,  así comenzou o noso periplo pola Terra Cha. A medio camiño entre Lugo e Meira escudriñamos na noite dos tempos un percorrido cos ollos abertos nun espazo castrexo dado a valer.  A descoberta do vivir dos nosos antergos é sinxela, non así recoñecer o camiño andado. O Castro é material didáctico de primeira, unha posta a punto.
        
         A Serra de Meira é un cordal con orientación Norte-Sur. Como seres humanos buscamos o noso norte, o rumbo hidraulico da nosa terra, queremos coñecer as nosas raíces. Son as do Miño, debaixo dunha magnífica morrena glaciar, pisámolas, escoitámolas cal escorrentía baixo os nosos pés, a algo máis de 600 m de altitude. O sol incide nas nosas fazulas poñéndoas coloradas de costas ao Oeste. Despois de mollar os pés loamos, a auga, líquido terreo con connotacións espirituais, xusto aquí, na terra dos mil ríos, donde o zahorí pode tolear coa vara de avelán nas súas mans.
 Regato que afloras, tomas identidade e fachenda, aquí en Irimia desde o teu berce imaxinas e recreas todas as etapas e cursos da túa vida, “ auténtico curriculum vitae” , todos e cada un dos diferentes aportes por ámbalas duas mans ata que te rindes no Mar Océano deslindando entre Galicia e Portugal. Mención especial dos Peares, donde recibes cos brazos abertos ao teu fillo de estirpe cantábrica, o principal (Siniestro Total digno representante da Movida dos anos 80, “…El Sil lleva el agua, el Miño la fama, Galicia nos ama…”). ¡Que sería do Miño sin o Sil! O Miño non tería aportes nivais .O Sil é quen de botar a andar preto do ceo na Cantábrica vertente sur. Os Peares son un digno colofón, unha “Compostela” (documento en latín que expide a Catedral de Santiago a todos os peregrinos que compren unha serie de requisitos)  para o peregrinante Sil, o Pai Miño recibeo cos brazos abertos no Pórtico da Gloria, así como nós agardamos con esperanza o fin dos tempos alentados pola salvación asinada en pedra polo Mestre Mateo, ¡que gran legado!
                                               Antonio Fondo (Coordinador do equipo da biblioteca)


BENVIDOS

Hoxe é 21 de maio. Mércores. Entramos nunha nova etapa co blog da biblioteca. Somos o equipo da Biblioteca do Eusebio da Guarda. Imprescindibles os alumnos que dominan as novas tecnoloxías. Aquí están, por exemplo, Laura Rey e Óscar Taboada. Estudan cuarto da ESO. E len. Laura está lendo "A casa de Bernarda Alba" e ademais "Los Juegos del Hambre". Oscar le "La sonrisa etrusca". Non está mal, para empezar. Queren vivir tanto como o protagonista do sorriso etrusco. Saben que o matrimonio de felices etruscos está en Roma (no Museo Vaticano) e tamén saben situar aos fillos do ancián. Son bos lectores. Ela, Laura, quere ser periodista, e el quere estudar Márketing. E todos queremos futuro para este blog.