xoves, 26 de febreiro de 2015

CONMEMORANDO O NACEMENTO DE ROSALÍA



II MARATÓN DE LECTURA SOLIDARIO
(CARTEL ANUNCIADOR)


O luns 23 de febreiro celebramos o segundo maratón solidario, en honra de Rosalía de Castro. Recordade que o lema da nosa B. E. é este: A Biblioteca, espazo de humanidade, espazo de solidariedade.

Volveu ser unha aventura deliciosa.

 (A coordinadora do Club de Lectura, a quen lle debemos a idea do Maratón Solidario, Mª José Martínez Girón)
 Comentábame a catedrática Luisa Varela a ilusión que esta experiencia causa en varios, bastantes, dos seus alumnos. Algún dime: “profe, isto é o que relembrarei sempre..., o mellor do que levo vivido no instituto...”. E engade Luisa, auténtica profesional da ensinanza da lingua: “Dáte de conta, con esta iniciativa recuperamos algo que normalmente esquecemos, a oralidade, a faceta oral: o cara a cara coa voz, co interlocutor. Eu dígolles “recordade este momento no futuro, cando teñades que falar en público, tende presente que fostes quen, recordade incluso que foi unha boa experiencia”.


Pouco máis teño que dicir. Estamos pendentes de recibir unha crónica da ideóloga do maratón. Mentres tanto, adxuntamos un poema da autoría do pai dunha das nosas alumnas, que veu ex profeso, lelo, declamalo mellor dito.  Reafirmámonos así na idea básica de que as iniciativas da nosa B. E. están abertas sempre a todos os membros da Comunidade Educativa.
(Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da B.E.)



 (Pai dunha nosa alumna, bo poeta, membro amable da nosa Comunidade Educativa)



"Escucha esta canción tan dulce y queda
que si llora es tan sólo por gustarte".
                          Paul Verlaine, Cordura (1881).

Un cisne nada despacio,
dejando una estela sin fin,
pirámide de plata que se abre
y forma en la punta una i.
La raya roja desciende
por el plumaje hasta ir
a dar en el agua honda:
el escalofrío es gentil.
Hunde una isla su gasa
con grupa de elefante gris
y el sol, indefinidamente,
sangra como un jabalí.
El canto del petirrojo,
fantasma, dríada, hurí,
salpica de ojos el bosque,
pasa como el ferrocarril.
Gamos y ardillas sucumben
en su atención para oír.
Intensa curiosidad
la del salvajismo pueril.
El cisne, nave vikinga,
nada siempre hacia el cenit
(lo dice el romanticismo
y seguro que es así).
Llévame, negro velero,
cisne visto en un tapiz;
yo soy la orilla y tú el junco,
inclínate suave hacia mí;
tú eres la brisa y yo el árbol,
agítame, péiname a mí;
soy la culpa y tú el pecado,
condúceme dentro de ti.
¡Qué poco se quedan las musas
y qué pronto se han de ir!...
Otro les dará un vistazo
y volverá las hojas porque sí
en el gabinete de estampas, bostezando,
de la Biblioteca Nacional de París.

                       Saxon Alasdair Grant
                                  (17 agosto 1992)








                    

mércores, 25 de febreiro de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS

CONCURSO GAÑAPUNTOS
SEMANA VIXÉSIMA

PREGUNTA: Por que escollemos a data do 24 de febreiro para celebrar o noso 'Maratón de Lectura Solidario'? (2 puntos)

martes, 24 de febreiro de 2015

MESA REDONDA NA BIBLIOTECA



MESA REDONDA NA BIBLIOTECA 

Hoxe 24 de febreiro, día do cumpreanos de Rosalía –“naceu, si, tal día coma hoxe –dixo onte Xulio Cuba-, e non morreu nunca... “-, os membros do Club de Lectura dos martes [Os cazatesouros] inauguramos unha nova experiencia na biblioteca. Convidamos a persoas que teñen algo que dicirnos a cambio de moi cousa cousa material... 


O convidado de hoxe foi o profesor de tecnoloxía e licenciado en física (ten tamén un mestrado en astrofísica), Mario S. García. Falounos de Galileo Galilei. Logo integramos un enlace para que poidades ver as súas propias impresións do vivido. Asistiron 14 membros do club. Eu sentíame contenta polo quórum acadado. Agora a Biblioteca é un espazo máis luminoso... E os rapaces prestaban moita atención. Ao final dúas rapazas, Gadea e mais Carolina, amosaron interese por ler ao sabio humanista, e Mario díxolles como tiñan que facer para descargar a información entrando no MUNCYT coruñés.


Creo que foi unha experiencia que se pode repetir. A Mario pedirémoslle a próxima vez que nos fale dos exoplanetas. De agasallo démoslle un disco de Robert Forster. Xa nos dirá se lle gustou.
 (Mª Rosario Soto, membro do equipo da B.E. do IES P. 'Eusebio da Guarda') 


luns, 23 de febreiro de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 23 AO 27



Vou falarvos do que é o meu libro favorito. Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite. Regaloumo a miña avoa, de aquí de Coruña, polo Nadal. Gustoume moitísimo, por que? Eu diría que polas emocións que transmite. As veces as persoas cuestiónanse cousas como a liberdade e cuestiónanse se poden ou non ser felices... No libro reflexiónase sobre eses temas. Se me preguntas o que penso eu sobre a felicidade, creo que si, que se pode ser feliz. Trátase de saber pensar en positivo, pensar que non todo arredor é malo, e que se na vida che sucede un imprevisto e tes que entrar a valorar o bo e o malo, debes ser capaz de acabar valorando máis o positivo.
Aprendín con este libro a amar aínda máis a cidade de Nova York, eu xa levaba un tempo pensando en que me gustaría ir... Nárranse moitas curiosidades desa cidade, por exemplo, da Estatua da Liberdade.
Agora estou lendo unha versión de Soño dunha noite de verán, e si, teño pensado seguir lendo a Carmen Martín Gaite.
Julia Cordonié Amenedo, 1º da ESO D.


mércores, 18 de febreiro de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS



CONCURSO GAÑAPUNTOS


SEMANA DÉCIMO NOVENA


“Cómpre cantaruxar incansablemente algunhas palabras con música de arrolo”


Pregunta: como se chama o escritor que deixou iso dito, gañador do último Nobel de literatura? (1 punto)

:::::::::::::::::::::::::::

A primeira en responder foi Alicia Cabana, de 3º da ESO; o escritor é o francés Patrick Modiano.