martes, 28 de abril de 2015

2015 ANO INTERNACIONAL DA LUZ



CONMEMORAMOS DESDE A B. E. O ANO INTERNACIONAL DA LUZ

O LÁSER 

Un láser (acrónimo do inglés “Ligh Amplification by Stimulated Emission of Radiation”, amplifiación de luz mediante a emisión estimulada de radiación) é un aparello capaz de emitir un feixe de luz altamente coherente. Esta coherencia é tanto temporal, sendo a luz emitida dunha única frecuencia (e polo tanto cor) como espacial; polo que grandes potencias poden ser concentradas en superficies moi pequenas (permitindo aplicacións como a cirurxía láser) e cunha mínima diverxencia do feixe, de modo que este permanece recto ó longo de grandes intervalos facendo posible o seu uso para a medida precisa de distancias (e tamén outros usos máis cotiáns coma os punteiros láser).



O principio que permite o funcionamento dos lásers é a emisión de fotóns por parte de átomos ou moléculas que se atopan nun estado excitado (que posúen máis enerxía da que terían no seu estado fundamental ou de repouso). Este fenómeno ocorre de seguido ó noso redor de xeito espontáneo: toda a luz que emiten os obxectos que vemos é producida así. Pero ademais, podemos estimular esta emisión mandando un fotón da frecuencia axeitada contra o átomo excitado, de modo que se emitirá un fotón idéntico, na mesma dirección e en fase co primeiro (esta é a orixe da devandita coherencia). Nun láser, colócase no interior dunha cavidade óptica un medio que teña a capacidade de emitir fotóns do noso interese, e mediante a aplicación de enerxía excitamos os átomos ou moléculas do mesmo. Así, cada fotón que pase estimulará a emisión dun novo fotón idéntico. Esta morea de fotóns é reflectida nos extremos da cavidade óptica producíndose a súa amplificación exponencial ata que finalmente o feixe de luz producido polo láser é emitido.
(Xesús González Soto, ex alumno do IES 'Eusebio da Guarda', licenciado en física pola USC)

 (Cartel que anuncia unha conferencia celebrada o 28 feb. do 2015 no dpto. de física da UAB)

luns, 27 de abril de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO, OU UNHA PELÍCULA BASEADA NUN LIBRO, CADA SEMANA

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

As uvas da ira
As Uvas da ira, de John Ford, baseado na novela, do mesmo título,  de John Steinbeck.
   Recentemente tiven a ocasión de ver a película As uvas da ira, baseada na novela do premio Nobel de Literatura, John Steinbeck. Inicialmente non me resultaba atraente, pero a medida que foi avanzando foi interesándome máis e máis.
   A historia comeza coa chegada deTom Joad, despos dun tempo no cárcere, á súa granxa, en Oklahoma, para encontrar que a súa familia, como moitas outras, desahuciadas polo banco, collen a estrada e marchan a California en busca dun traballo; estamos nos anos da Gran Depresión...a película relata esa dura viaxe.
    A película foi moi reveladora para min, chamoume a atención a maneira, en xeral humillante, en que se trataba aos personaxes; tamén me sorprendeu ue, pese á unión familiar ,eran pouco dados a mostrar os afectos. Outro detalle que me sorprende é a resistencia do vello camión, cargado até arriba, que parece que non vai aguantar e si o fai...como os seus propietarios.
   Impresionoume moito a excelente fotografía, en branco e negro, eu creo que utilizada simbolicamente para facer ao espectador ver a realidade máis fea e amarga.
   O final deixoume intrigada: conseguirán os Joad, na súa loita por vivir honradamente e ter un traballo digno, a vitoria?
                                                 Lara Pico. 4º ESO.


sábado, 25 de abril de 2015

Día do Libro 2015

Aquí tedes unha mostra fotográfica das distintas actividades que fixemos desde a Biblioteca Escolar para festexar o Día do Libro: pegada de carteis, animación á subscrición ao noso blog (ofarodesofia), agasallo de libros aos subscritores, etc.
https://www.dropbox.com/sh/x8c5wy62wub8qf2/AADGHs4zQ_5RtQxNwc8X8HA6a?dl=0

https://www.dropbox.com/sh/x8c5wy62wub8qf2/AADGHs4zQ_5RtQxNwc8X8HA6a?dl=0

https://www.dropbox.com/sh/x8c5wy62wub8qf2/AADGHs4zQ_5RtQxNwc8X8HA6a?dl=0

(cartel feito por Sara Suárez Seijo y Aniol Arias López)

https://www.dropbox.com/sh/x8c5wy62wub8qf2/AADGHs4zQ_5RtQxNwc8X8HA6a?dl=0 
(Fotografías de M. S. García)

martes, 21 de abril de 2015

Xoves 23 de abril. Día do Libro

A Biblioteca Escolar do noso Instituto achega o seu grauciño de area para conmemorar o Día do Libro. Durante toda a quincena levamos traballando a eito nesta conmemoración. Un primeiro paso xa o demos cando animamos aos rapaces a subscribirse ao noso blog recibindo, man por man, un libro. Agora avanzamos un paso máis cos traballos de aula. Velaquí vos presentamos algunhas das actividades interesantes que organizan alumnos e profesores. Empezamos cos alumnos da profesora Beatriz Moreno. (Hai máis fotos aquí).




 (Fixádevos o tamaño que ten as Cartas aos Poetas... Fotos de Mario S. García e Carmen Aquino)







(O alumnado que fixo os carteis. Fotos de Carmen Aquino)

Visita de dous membros da Orquestra Sinfónica de Galicia



Este luns 13 de abril os alumnos de inglés de 2º ESO recibiron a visita de dous músicos anglófonos da Orquestra Sinfónica de Galicia, Aigi Hurn, trompeta, estadounidense e nado en Tokyo e Benjamin Smith, violín, de Sydney, Australia. Carolina Sanmartín Pérez, de 2ºESO D, cóntanos aquí a súa experiencia, en inglés.
"On Monday, our English teacher came into class accompanied by two members of the "Orquesta Sinfónica de Galicia", John Aigi Hurn e Benjamin Smith. John Aigi was born in Tokyo. His mother is Japanese and his father is American. He emigrated to Spain, and there he is a member of the OSG and he plays the trumpet. Benjamin was born in Sydney. He plays the violin with the OSG. After introducing them, the teacher informed us that Aigi is one of the most important trumpet players in the OSG. Later, he took his cornet out of a brown suitcase and he began to play. He left us impressed. He explained us different things about the cornet, that its origin owes to that one of the curves of the stick had the same form as the front part of an old stick used by the shepherds to hold the sheep, and that, unlike the trumpet, it´s very cheap and small. My classmates and I asked them questions; I asked him where he came from and he said that he left Seattle to come to Spain. Because of this question, he drew a map of the USA on the blackboard and asked us where Seattle was and L.A.Thanks to Miguel, he got the answer. As a final activity, they told us, one by one, to tell them our name and our hobby. Some of the questions were: -Do you like SiA? Benjamin wanted to make sure if it was the blonde singer and,when we confirmed it,he thought that she had fabulous songs. -Have you ever played the pipe? Benjamin said that he didn´t dare to play the Galician pipe because it is very difficult, but that he played the Scottish pipe. Roman said that he collected minerals, so Aigi told us that there is a mineral in SouthAfrica that is very important for technology. And Benjamin told us that in the south east of Australia there is much gold. The bell rang and they left, but it was very fun and entertaining class where we learned many things." Carolina Sanmartín Pérez, 2ºESO D

luns, 20 de abril de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA
 
SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL



Gianni Rodari, Contos por teléfono.
   Recentemente lin o libro Contos por teléfono, de Gianni Rodari. É un conxunto de contiños, algúns moi breves, de temática fantástica e, case sempre, humorística. O libro gustoume moito, é divertido e, aínda que sexa un pouco infantil, dá que pensar, xa que algúns contos teñen "mensaxe"...e o mellor é que, ademais, entretén moito.
   Se teño que escoller un, para min o mellor é o do caranguexiño, esa forma de loitar e insistir no que quere de verdade e ter esa capacidade de non renderse e aguantar todo é incrible... Unha verdadeira lección de vida.
   Un libro moi recomendable.
                                                 Julio Casal Fernández, 3º ESO.


mércores, 15 de abril de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS



CONCURSO GAÑAPUNTOS

SEMANA VIXÉSIMO SEXTA

Unha cegueira branca espállase de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos pola cidade, os cegos deben enfrontarse ao máis primitivo da especie humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.

Esta síntese na contraportada do libro refírese a unha obra dun escritor que fora Premio Nobel de Literatura no ano 1998. A quen nos referimos? (1 punto)

luns, 13 de abril de 2015

ANO INTERNACIONAL DA LUZ

ANO INTERNACIONAL DA LUZ (II)

(Invitación para asistir no ano 23 á conferencia impartida por A. Einstein na RACAB, en Barcelona)

Hoxe visitamos a Real Academia das Ciencias e as Artes de Barcelona, unha institución importante, con moito avoengo, e que contribúe en boa medida na celebración deste Ano Internacional da Luz.
O equipo da Biblioteca Escolar do noso centro púxose en contacto coa RACAB e o seu presidente, o señor D. Ramón Pascual, foi sumamente xentil para connosco, e prestouse a responder as nosas preguntas:

-          ¿Hace 91 años Einstein dio una conferencia en esa Academia?
-          Sí. Hizo una visita a España, y en Barcelona dio una conferencia en la Academia y fue nombrado academico correspondiente.
www.racab.es
-          ¿Es cierto que en Barcelona está la fuente de Rayos X más importante del mundo?
-          Alba es una de las más importantes del mundo
www.cells.es
-          ¿Esa Academia está vinculada a la instalación de varios telescopios sitos en qué montañas?
-          Tenemos un observatorio en la falda del Tibidabo, el Observatorio fabra, y otro en la cima del Montsec, en el Prepirineo.
www.fabra.cat
-          La primera fotografía, un daguerrotipo, española ha sido hecha hace 175 años por un académico de esa Institución, en la plaza del Palacio de Barcelona: ¿es así?
-          Sí, con una camara que aun obra en poder de la Academia.


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


Tedes moita máis información entrando nas páxinas indicadas polo señor Pascual, a quen agradecemos infinitamente que nos dedicase parte do seu tempo. Relembrade tamén que no 2015 se cumpren cen anos des que Einstein publicara a súa teoría xeral da relatividade.

Na páxina principal da RACAB, á esquerda hai unha etiqueta titulada Passatges històricsonde podedes ler máis sobre o tema da visita de Einstein e  do daguerrotipo.