venres, 8 de decembro de 2017

Un fime, baseado nun libro, cada semana ou cada mes..."Estraños nun tren"

     
 
 
  Comentamos hoxe o filme Estraños nun tren, de Alfred Hitchcock, baseado na novela do mesmo título, de Patricia Highsmith. A película trata de dous homes que se coñecen nun tren, empezan a falar e un deles, un psicópata, proponlle ao outro un  trato: eliminar  cada un á persoa que lle produce problemas ao outro, de maneira que non se poida averiguar quen foi porque son dous descoñecidos. E alí empeza todo....
  A película está moi ben, é entretida, diferente ao que estamos afeitos a ver e fainos ver o distinta que era a vida na época en que se rodou (1951). É curiosa a maneira de actuar os intérpretes,  moi esaxerada en relación á maneira de actuar hoxe. Canto a que sexa en branco e negro, non impide en absoluto que resulte entretida; é un filme cheo de intriga.
   Comparando a película  co libro no que se inspira, aínda partindo dun comezo similar, os argumentos cambian bastante, especialmente porque Hitchcock transforma a Guy, un dos co-protagonistas, no heroe da historia, mentres Highsmith quere xogar coa ambigüidade moral que existe entre o ben e o mal. O director establece unha loita entre o ben e o mal para demostrar que o ben soe ser vencedor, mentres a escritora decidiu deixar claro que calquera ser humano é capaz de cometer un asasinato.
                                               
 
Hanan Elmansouri e Gabriel Grandío, 3º ESO V.
 
 
 
 
 


martes, 14 de novembro de 2017

mércores, 1 de novembro de 2017

Un filme, baseado nun cómic,cada semana...ou cada mes... "María y yo"





   A película, un documental,  trata dunha nena autista, seu pai é debuxante de cómic e vive en Barcelona; está separado da nai, que vive en Canarias con María, pero esta tamén pasa temporadas co pai. Nas vacacións, María e seu pai pasan uns días xuntos nun hotel das Palmas .
   Eu non sabía moito sobre o autismo, así que aprendín moito sobre o tema. A película transmitiume moita sensibilidade, porque me parece incrible  todo o que fai María,  coas súas dificultades, e paréceme boísima sobretodo a relación co seu pai, cómo este lle explica todo, moitas veces  a través dos debuxos.
   A película ensinoume moito sobre a paciencia e a axuda para superarse, cómo se pon o pai de María na pel dela e fai o mesmo ca ela para que non se sinta diferente. 
                                                  
                                          Ismael García Martínez, 3º ESO V.  
 
Nota: O cómic María y yo, de Miguel Gallardo, no que se basea o filme, e a súa continuación, María cumple 20 años,  están á vosa disposición na biblioteca. 

xoves, 12 de outubro de 2017

Un fime cada semana...ou cada mes..."Home" de Yann Arthus Bertrand




    Este documental trata sobre a contaminación e a explotación do planeta e tamén sobre os efectos do cambio climático. Comeza no principio, cando non había humanos no planeta, e vainos mostrando como, ao pasar os anos, o ser humano provocou escaseza de auga e comida, deforestación, desconxelación dos Polos, etc. Presenta diversas cidades e países do mundo, selvas, ríos, lagos, glaciares...Conta cousas que nos deberían facer darnos conta de todo o que estamos destruíndo, con imaxes impactantes, moi realistas, e, aínda que a mensaxe nos parece algo esaxerada e  bastante pesimista, cremos que pode contribuír a concienciarnos sobre o maltrato que estamos dando á nosa casa, a Terra.
   Do punto de vista visual, as imaxes son impactantes na súa maioría, as paisaxes filmadas desde helicóptero gustáronnos a todos. En cambio, tanto a música como o a voz narradora provocaron diversidade de opinións. No que concordamos todos é en recomendalo.
 
                                                                        3ª ESO V.

Un libro cada semana...ou cada mes..."En el gallo de hierro"

 
 
 
   Viaxamos á China post-maoísta acompañando a Paul Theroux, que colle o tren en Londres, atravesa Europa, chega a Rusia, onde monta no Orient Express que o  levará a Mongolia, percorre despois toda China e finaliza no Tibet.
  A viaxe é longa,  por veces incómoda (ese frío, case omnipresente e imposible de evitar), interesantísima. Theroux fala con todo tipo de viaxeiros, que ofrecen una visión ente crítica e desencantada da chamada "Revolución Cultural";  é destacable o  pobre concepto que teñen, en xeral, de Mao. Chama a atención que habitualmente o viaxeiro vai acompañado de "guías" proporcionados polo goberno, que se encargan, supoñemos,  de que non investigue máis da conta...
   China móstrase como un país complexo, variado, estraño, en moitos aspectos,  á nosa sensibilidade. A impresión é que Theroux non se sentiu a gusto; de feito, case ao final, menciona Lhasa, capital do Tibet, com o único lugar no que desfrutou e lamentou abandonar. En todo caso, acompañalo resultou unha experiencia estupenda.
 
                                                     Susana Piensos.

domingo, 8 de outubro de 2017

PREMIO LITERARIO


O vigués Antonio  García  Teijeiro
 
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL 2017


«Un poema pode cambiar o comportamento dun neno» 

Entre su extensa bibliografía poética podemos encontrar los dos títulos que anteceden al que ha sido premiado: Palabras do mar (Embora) y En la cuna del mar (Creotz), ambos de 2015, pero también destacamos otros poemarios como Ventos (1992), Lueiro de papel (1995), Na fogueira dos versos (1996), Os nosos versos (1997). En cuanto a la narrativa, ha publicado también con Xerais títulos como En voz baixa (1998), Honorato, o rato namorado (2007), Verbas de sal (2011) y Recendos de aire sonoro (2011). En castellano, su obra ha sido publicada por diversas editoriales, como Edelvives (Versos de agua), Oxford (Cuentos y poemas para un mes cualquiera, junto a Jordi Sierra i Fabra), Hiperión (Al hilo de la palabra). Su obra Versos de agua (1996) fue incluido por la Fundación Sánchez Ruipérez entre los cien libros de literatura infantil española más importantes del siglo XX.

 http://revistababar.com/wp/antonio-garcia-teijeiro-premio-nacional-de-literatura-infantil-2017/

 

 

Asesoría de bibliotecas escolares 2017 / 2018

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 
Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

martes, 19 de setembro de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Un ianqui por Europa camiño de Terra Santa".

 
 
     Iniciamos este curso, no que a Biblioteca do instituto vai traballar sobre viaxes e descubrimentos, recuperando unha das primeiras recensións aparecidas no blogue, aló polo ano 2014. Velaí vai....
   "Sempre me gustou a literatura de viaxes. É unha forma cómoda de viaxar sen moverse do sillón. E sempre me gustou Mark Twain porque me encantan os escritores con sentido do humor. As crónicas de viaxes polo mundo deste marabilloso autor ofrecen ambas as dúas cousas: viaxes e sorrisos (gargalladas ás veces). Hoxe coméntovos brevemente Un ianqui por Europa camino de Terra Santa, onde Twain fai a crónica  desa longa peregrinaxe, sempre cunha visión irónica do que se vai atopando: xentes, paisaxes,costumes.
   Na obra está o mellor Twain:
.Irreverente:...Quero dicir catro palabras referentes a Miguel Anxo Buonarrotti. Eu soía adorar o espléndido xenio de Miguel Anxo -ese home grande en poesía, pintura, escultura e arquitectura- , grande en canto emprendeu. Pero non quero a Miguel Anxo como almorzo, comida, cea (...). En Xénova, el proxectouno todo. En Milán, el e os seus discípulos proxectárono todo (...). En fin, ese  eterno latoso proxectou a Cidade Eterna e, se non menten os homes e os libros, pintou todo canto nela hai (...). Nunca me sentín tan fervorosamente agradecido, tan calmado, tan tranquilo, tan cheo de paz, coma onte, cando me enteirei de que Miguel Anxo estaba morto.
. Autocrítico: Unha pequeña mesquita está no lugar antano ocupado, segundo a tradición, pola vivenda da viúva. Dous ou tres árabes anciáns están sentados á entrada. Entramos e os "peregrinos" arrincaron mostras dos muros (...). Era case arrincar anacos do corazón daqueles vellos árabes.
. Reflexivo: Lagartos grises -eses herdeiros das ruínas e da desolación- móvense entre as rochas ou toman o sol, inmóbiles. Alí onde reinou e sucumbiu a prosperidade, onde houbo alegría e hai tristeza, onde brillou a pompa da vida, substituída agora polo silencio e a morte, alí establece o seu  fogar o lagarto e búrlase da vaidade humana. 
   Ás veces, porén, algunhas das súas observacións sobre as xentes que se vai atopando resultan pouco respectuosas; aforro exemplos, que atoparedes en abundancia ao longo da obra, e que, aínda tentando entendelas como froito da mentalidade doutro tempo, son o que afea una obra, polo demais, moi recomendable."
                                                               Susana Piensos.

sábado, 2 de setembro de 2017

UUn libro cada semana...ou cada mes..."Felicidade clandestina"

 
 
 
   Recomendamos hoxe unha antoloxía de contos de Clarice Lispector. Lendo a esta grande das letras brasileiras, eu diría que das universais, ficamos seducidos pola mestura entre realismo e capacidade de penetración psicolóxica, que nos deixa sempre un pouso de desconforto. O título do libro  transmite a dificultade dalgúns seres para atrapar a súa parte de felicidade...como a propia Lispector,  protagonista, de nena,   de varios dos contos.
   Algúns relatos teñen un argumento claro, outros son case meros conxuntos de reflexións filosóficas, pero todos eles exercen unha fascinación sobre nós, resultan incomparables cos de calquera outro autor.
   O libro está traducido a castelán, pero é unha autora facilmente comprensible en portugués, así que pode ser unha moi boa introdución na lectura nesa lingua para quen aínda non o fixo, e unha oportunidade de submerxirse na hipnótica literatura de Lispector.
 
                                                                                      Susana Piensos.
 
 
 

mércores, 16 de agosto de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."El atlas esmeralda"

 
 
      Kate, a maior de tres irmáns, non pode esquencer a fría despedida  da súa nai na noiteboa de hai dez anos. Desde aquel día, a súa vida  baséase en protexer aos seus dous irmáns pequenos. A súa infancia pasouna en orfanatos, o último no que estiveron foi una mansión medio abandonada onde vivirán grandes aventuras.
   Ë un libro bastante interesante, dos que te "enganchan" e, cada vez que o lembras  dá ganas de relelo. Gústame especialmente a parte  final, xunto co capítulo do orfanato onde a historia se volve máis interesante porque descobren os pasadizos secretos  e os libros máxicos.
 
                                                                           Pablo Flórez Vilela. 
   

martes, 1 de agosto de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."El guardían entre el centeno"




  O libro comenza cando Holden, un mozo de 17 anos, nos conta o que lle ocorreu o pasado Nadal, tendo aínda 16 anos. O día en que empeza a contarnos a súa historia acábano de botar dun colexio, Pencey, colexio de gran prestixio pero que non lle gusta...Holden é un rapaz animado, ás veces simpático e outras veces "borde".
  Pareceume un libro fácil e rápìdo de ler, gustoume porque o protagonista non se corta en dicir palabras obscenas, como o faría un mozo da súa idade. Impresionáronme  as dificultades que tivo, non me gustou tanto que bebese e fumase .Ás veces é divertido e fai cousas tolas, gústame; outras,  demasiado formal, non me gusta tanto. En todo caso, o libro pareceume estupendo.
 
                                                                    Miguel  Martínez García.
 
 
 


domingo, 16 de xullo de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Manolito Gafotas"

   


   Manolito  García Moreno, máis coñecido como Manolito Gafotas, estuda no colexio "Diego Velázquez". Manolito é un rapaz tranquilo, vive en Carabanchel co seu avó Nicolás, seu irmán, O Imbécil, a súa mamá Catalina e o seu papá Manolo. Pásao moi ben cos seus amigos, encántalle pasar o tempo co seu avó, pero a súa nai zóscalle por facer o que non debe....
  A novela está narrada en primera persoa, o propio Manolito conta a súa vida. O libro gustoume, é moi divertido, fácil de entender e cómodo de ler...Gustáronme especialmente algunhas das historias, como a da Paz Mundial, protagonizada pola señorita Asunción e a festa de carnaval ou a do Aniversario Feliz , na que o protagonista, xunto con Manolito é o avó....Recomendo que o leades, é moi divertido.
                                                                          Alisson Girón Parrales. 

domingo, 9 de xullo de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."A metamorfose"




   Unha mañá, Gregorio Samsa desperta transformado nun monstruoso insecto...Este é o principio desta obra que se interpretou de diversas maneiras, para min a máis interesante sería que é   unha reflexión sobre o rexeitamento e a incomprensión social. O seu autor, Franz Kafka, xudeu que escribía en alemán, está considerado como un dos autores máis importantes da literatura universal. 
   O libro gustoume, aínda que me impresionou o maltrato da familia a Gregorio; por outra banda,  fáltalle algo de suspense. A mensaxe que a min me transmite é que debes aprender a amarte como es.
 
                                                                         Freyder Zambrano Salinas.
 
 
                                               

domingo, 2 de xullo de 2017

Unha novela gráfica cada semana...ou cada mes..."Maus"

 
 
 
    O libro conta a historia dunha familia xudía vista por un dos superviventes, o pai do escritor. Sucede en Alemaña, na época nazi; por culpa do nazismo morre toda a familia excepto os pais do escritor, que marchan aos Estados Unidos despois da guerra. A historia cóntalla o pai ao fillo cando a nai xa morrera, catorce anos atrás. Os personaxes son animais antropomórficos, utilizándose os ratos para representar aos xudeus e os gatos para os alemáns.
   O libro é moi interesante, dá que pensar sobre o calvario que pasaron os xudeus na época nazi. Graficamente é moi efectivo que estea en branco e negro, porque representa moi ben o drama dos xudeus naquela época; tamén nos gusta que os protagonistas aparezan representados por ratos e gatos. Os debuxos están moi ben feitos. Quizais a utilización de flash-backs resulte por veces confusa, e a tradución non está demasiado coidada (confúndese constantemente os verbos "ser" e "estar").
   En resumo, o libro non nos disgustou, é fácil de ler e ao ser cómic resulta  ameno .
                                          
                               Ismael Ramírez, Alfonso Soilán e Álvaro Suárez, 3º ESO.  
 
   

domingo, 25 de xuño de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Con el diablo en los talones"




 O libro trata sobre un adolescente chamado Desiderio, "Desi", estudante de Vallecas, que se sente incomprendido; é traficante no instituto e ten un amigo inseparable, GeBé, que non é a mellor influencia. Desi, comido polas drogas, coñece a Paz, inmigrante alxeriana, namorada da poesía, que consegue limpalo das drogas e que non teña vergoña da súa verdadeira forma de ser.
 Este é o meu libro favorito, non pararía de lelo se non fose eu tan vago; para min é unha historia emocionante e para nada aburrida, xa que no libro se demostra como unha persoa pode cambiarche a vida e sacarte dun mundo que non é o máis apropiado para ninguén. Ademais, é un libro no que se utiliza a mesma linguaxe ca nós, os adolescentes. Moi recomendable.
                                                            
                                                               Pablo Flórez Vilela. 3ª ESO.

domingo, 18 de xuño de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."El valle de los lobos"

    Dana creceu xunto aos seus irmáns e, aínda que nunca a trataron de forma especial, todos podían ver que era diferente. Até que coñeceu a Kai, que nunca se separa dela, ni sequera cando chega o Mestre e a leva ao Val dos Lobos, onde aprende maxia para derrotar ao Mestre e desfacer a  maldición...
   Trátase dun libro que te "engancha" a ler sen parar. Sorprendeume que tratase de maxia;  non ten demasiados personaxes e a acción só se desenvolve na viliña onde naceu Dana e no Val dos Lobos.    O libro encantoume e considéroo para todas as idades, así que o recomendo  a  todos.
                                                                                  Álvaro Suárez Méndez, 3º ESO.
        

domingo, 11 de xuño de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Sword Art Online"





   A acción sitúase en Xapón. Un xogador chamado Kirito foi atrapado con outros moitos xogadores de Sword Art  Online no interior do xogo sen poder saír; a única forma de sobrevivir é gañar...
 Encantoume o anime  que está baseado nesta serie de novelas; está moi utilizada a idea "Un mundo en realidade virtual" pero ten máis acción ao darlle o toque de que, se morres no xogo, morres na vida real. Gustoume como o protagonista, Kirito, se supera sempre  e, a pesar de ser un betatester (os outros xogadores mirábanos mal), deu o mellor de si mesmo e axudou sempre no que puido. Tamén me encantou a relación con Asuna, que non vou contar... 

                                                                Ismael Ramírez Jiménez, 3º ESO.

martes, 6 de xuño de 2017

Os río e a espiritualidade

Unha selección de traballos feitos na materia de Relixión, co profesor Antonio Fondo.

Tambre e Sobrado:

Relixiosidade no Anllóns, por Andrea Barreiro, Elena Cotelo, Paula Peña e Sofía Pérez:
San Roque en Vilagarcía:
Aportes do románico en Xaviña:

domingo, 4 de xuño de 2017

Un filme cada semana...ou cada mes..."Entre les murs"


   A película trata sobre unha clase de Secundaria nun instituto francés, que empeza un novo curso con moitas diferenzas debido á diversidade de razas, e van xurdindo problemas...a clase non é "exemplar", falan moito e os profesores xa están cansados. O comportamento dos alumnos non é o axeitado, xa que intentan facerse os graciosos e intentan "vacilar" ao profesor; algúns alumnos son insoportables e o tutor, o profesor de lingua, ten moita paciencia....aínda que finalmente  Suleimán, alumno  cun comportamento malísimo,  ten un grave incidente co profesor...
  Comparando esa clase coa nosa, vemos alguhas diferenzas, en primeiro lugar, de comportamento: nós portámonos moito mellor, aínda que eles tratan ao profesor de "vostede",  e considérase o tratalo de "ti" unha falta de respecto. Por outra banda, chamounos a atención que as delegadas de curso entrasen ás avaliacións. Ademais, o instituto recordounos a un cárcere,   especialmente o patio de recreo. 
  O que en xeral non nos gustou foi o final, que non imos contar, pero que esperabamos diferente. En calquera  caso, é unha película que fala de cousas que nos resultan moi familiares, polo que foi interesante vela.
                                                                          3º ESO V. 
 

O Faro de Sofía recoméndache estes libros sobre "Os Ríos: Fonte de Vida"

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3WlVOdmZJYmlPUUE


xoves, 1 de xuño de 2017

mércores, 31 de maio de 2017

martes, 30 de maio de 2017

Ríos simbólicos que separan

Un gran traballo feito por Daniel Abelenda, Marcos Fernández, Carlos Garea e Raquel Iglesias, baixo a dirección do profesor Antonio Fondo

luns, 29 de maio de 2017

Toledo, cidade de converxencia de culturas

Traballo feito polos alumnos Marta Roura, Jorge Blanco, Gonzalo Morán e Alejandro de Sá, baixo a supervisión do profesor Antonio Fondo


https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3VlpHY2N3NUNRQnM

domingo, 28 de maio de 2017

Os franciscanos en A Coruña

Un interesante traballo feito por Teresa Fernández, Inés Sánchez, Jorge Cambón e Daniel Cardezo, baixo a dirección do profesor Antonio Fondo.


https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3S3p4ZWptUE5RNUU

venres, 26 de maio de 2017

xoves, 25 de maio de 2017

Os ríos. Traballos dos alumnos de 4º da ESO en TIC

Os alumnos de 4º da ESO fixeron, na materia de TIC, unha presentación sobre un río, escollido por eles por algún motivo que lles resultara interesante. Aquí presentamos unha selección dos mellores traballos.
O río Nilo, por Marta Meléndez e Carmen Vigo

O río Llobregat, por Marta Carmona

O río Hudson, por Sara Freire e Blanca Rodríguez

O río Turia, por Santiago Núñez y Miguel Ramírez.

mércores, 24 de maio de 2017

El agua, por Miguel Amor Poncet

Seguindo coas entregas publicadas con traballos sobre o auga, aquí temos o traballo que Miguel fixo empregando un software de presentacións.

luns, 22 de maio de 2017

Paxareando por Coruña (e 10)

E chegamos á derradeira entrega dos paxaros que habitan - as veces, sobreviven- na nosa bisbarra. En total 51 láminas nas que o alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez, animado pola profesora Susana Piensos, nos desvelou moitos segredos dos descendentes alados dos dinosaurios.

Nesta entrega temos unha lámina máis, na que Rodrigo fai unha fonda reflexión... pero mellor será que a leas ti. Gracias Rodrigo pola túa dedicación, e por espallar o que ben coñeces!

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3d05KbjB4a1ZTN00

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3M3NjZ255YTk1OGc

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3bmp6cGhDZ3ZFRm8

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3ZU9vdWtYYkRZTlk

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3aHRvcThiRkhMNUU

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3NUhKQ2RPV1JGUU0




domingo, 21 de maio de 2017

Traballos sobre a auga de cuarto ESO B e C

Seguindo coa entrada de onte, publicamos os traballos que sobre o auga fixeron alumnos de cuarto da ESO B e C, baixo a supervisión do profesor Miguel García Rodríguez.

Feito por varios alumnos de 4º ESO B:


Sara Canzobre (4º ESO B):
Feito por varios alumnos de 4º ESO C:

E aínda temos algún máis. Estade pendentes que axiña os poderás ver.

sábado, 20 de maio de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Momo"






   "Momo" é una novela escrita por Michael Ende, publicada en 1973. Trata sobre unha nena chamada Momo, de orixe descoñecida, que vive nas ruínas dun anfiteatro romano. Un día, os habitantes do lugar coñécena e inician unha boa amizade con ela, pois ten a capacidade de escoitar e de mellorar as relacións entre persoas. Pero este ambiente será interrompido pola presenza dos "homes grises", que deciden apoderarse do tempo das persoas como se fose diñeiro.
   A obra trata temas como a amizade, o paso do tempo e a maneira en que o empregamos, e sobre a estafa e as prácticas dubidosas da economía financeira, reflectidas nos actos dos homes grises.
   Na miña opinión é un libro moi interesante, pola súa historia e porque é sinxelo de ler, e pode ser un título apto para aqueles que queren comezar a ter hábitos de lectura. Ademais, ten unha bonita mensaxe sobre a amizade e o valor do tempo.
 
                                                      Román Díaz Allegue, 2º Bacharelato Nocturno.

Traballos sobre a auga de 4º ESO A

Vos presentamos unha serie de traballos arredor do tema da auga, feitos na materia de Física/Química de 4º da ESO, coa axuda do profesor Miguel García Rodríguez. Como vos daredes conta, estes traballos teñen boa relaciónco proxecto deste curso: "Os ríos, fonte de vida". 

O primeiro é de Carolina:

O segundo, de Ariadna:

O terceiro, de Manuel González:

Mañá terás outra tanda de bos traballos para disfrutar.

xoves, 18 de maio de 2017

Paxareando por Coruña (9)

Penúltima entrega das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Neste capítulo nos fala das 'Aves de lagos e ríos'.
https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3LVNiLVlqME91NHM

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3cDRKeXpxN3AxSGs

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3YUFMQWRvZDIxRFk

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3TDI2M3diVm9obkE
https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3ZEhXLXFmRDEwWFk

martes, 16 de maio de 2017

Ríos de Letras

Os alumnos de terceiro da ESO, baixo a dirección da profesora Beatriz Moreno, veñen de facer estes haikus que agora lucen nos espazos do instituto.

Para disfrutalos "a máxima potencia" nestas datas do Día das Letras Galegas, escolle a opción da páxina completa.

xoves, 11 de maio de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."La historia del loco"



   Pasaron vinte anos desde que o  Western Hospital pechou as súas portas...Francis Petrel fora recluído alí pola súa familia de mozo; despois, xa fóra, levou unha vida sen rumbo, até que un reencontro preto da institución remove recordos sombríos que cría esquencidos, e un crime sen resolver,   que conduciron ao peche do hospital. Pajarino,  o seu alcume  dentro do hospital, nárranos a súa historia e recordos; é, pois, narrador e protagonista da historia.
  O autor deste libro, John Katzenbach, é escritor, guionista de cine e xornalista, especializado en asuntos xudiciais e traballa en xornais pretixiosos nos EUA.
 O libro encádrase dentro da literatura de suspense, é moi interesante e o estilo é fácil, así que espero ler máis libros deste autor.
                                                                      Freyder Zambrano Salinas 3º ESO.

luns, 8 de maio de 2017

Paxareando por Coruña (8)

Antepenúltima entrega das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Seguimos coas 'Forzas aéreas da Natureza', para pasar aos 'Turistas alados'. 

Un famoso divulgador científico dixo que "Quen non coñece algo, non pode chegar a admiralo, e tampouco terá interés en protexelo". Parece certo que Rodrigo nos está dando unhas boas leccións sobre a variedade de animais dotados da máxica capacidade de voar nos ceos e iso nos axuda a ter moitos motivos para preservar o seu entorno.

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3bURaVk1wUmdVTjA

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3REp5YVphdWh2b2s

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3a29KaWpQSTgwems

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3eWZHVEtfaWx4TW8

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3R2tWMFFEc0x6a2s

domingo, 7 de maio de 2017

Descubre a ciencia que hai detrás do que comes



Moncho Núñez Centella, que fora creador do primeiro museo municipal español adicado ás Ciencias -eses que teñen o lema "Prohibido non tocar"-, ven de agasallarnos co seu libro "Un científico en la cocina". Ahí tes a foto en que nos adica a obra. 

O libro é unha recopilación de artigos publicados sobre este tema na revista "Muy Interesante" durante anos, que deleitou aos lectores mezclando o gusto pola Ciencia coas sensacións que nos da o paladar. 

Axiña estará disponible na biblioteca. Quen vai ser o primeiro en levalo?