domingo, 26 de marzo de 2017

Paxareando por Coruña (4)

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3VEgydFgwWkhOTUk

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3dk9TTEY5bDZKajA

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3cmhHdno0V1R1SjA

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3QmtUNXg2UFZlVTg

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3RlRmNktQRVBYeUE
Nova entrega, e van catro, dos paxaros habituais nos parques e bosques da nosa bisbarra. Rodrigo López Pérez, alumno de 2º Bacharelato, é o condutor desta guía. Fai clic nas láminas para ampliar a información.

luns, 13 de marzo de 2017

Paxareando por Coruña (3)

Esta é a terceira entrega do traballo realizado polo alumno de 2º C Bacharelato Nocturno, Rodrigo López Pérez e segue á presentada o pasado 18 de febreiro. Todas as aves que nos presenta, foron avistadas por el, na nosa cidade ou nos seus arredores; tamén os textos que as describen son da súa autoría. Facendo clic sobre cada lámina a poderás ver ampliada. 

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3ZlR4MVJWeUN6Vjg

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3R2F3NmdxRTdBUnM/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3Vy1oWlJJNDJNb2M/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3RnBnRlJpTGRkVEE/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B3mkIjPM-Sr3RnBnRlJpTGRkVEE/view?usp=sharing

mércores, 1 de marzo de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Gatos moi distinguidos" de Doris Lessing




  Neste libriño, conxunto de vivencias protagonizadas  pola autora e os gatos que a acompañaron ao longo da súa vida, Lessing convírtese en personaxe secundaria, por momentos en mera testemuña, relatora das andanzas dos felinos, cunha mestura de humor, ás veces cruel, observación psicolóxica (cada gato ten o seu carácter!) e reflexión sobre o comportamento duns seres que, de non sabermos que son gatos, poderiamos pensar que son humanos, coas súas miserias e as súas grandezas...especialmente a gata negra e a gata gris, rivais durante case todo o libro, competidoras polos favores da autora, ás que só lles faltaría poñerse de pé e falar para definilas como unhas verdadeiras damas....
Susana Piensos.